miércoles, 23 de marzo de 2011

Abandoar os estudos

O noso modelo produtivo creou perversos incentivos para que moitos mozos abandonasen os estudos.
Un esquema que se repetía era:
  1. Rapaz abandona prematuramente os estudios por un traballo de baixa cualificación.
  2. Endebédase para comprar coche e casa pois cree que as cousas non van cambiar.
  3. Perde o traballo, o coche e a casa.
  4. Agora máis de 25 anos e ante o panorama matricúlase nun ciclo medio.

Abandoar a formación tiña un custo de oportunidade era elevado, xa que había unha grande demanda de postos de traballo sen cualificar na construción e agora atópanse sen traballo, sen formación e nalgúns casos en listas de morosos.

martes, 22 de marzo de 2011

Lecturas de Economía

A crise da Economía Española  

A Bolsa máis grande do mundo

O 15 de febreiro Deutsche Börse chegou a un acordo para comprar o grupo NYSE Euronext co que será a maior empresa do mundo deste sector, cuns ingresos anuais de 5.400 millóns de USD e un valor de 25.500 millóns de USD.
A nova empresa está controlada por un 60% polos accionistas alemáns e nun 40% polos norteamericanos.