lunes, 10 de octubre de 2011

Lei de Sociedades de Capital

O 3 de xullo de 2010 publicouse no BOE o Real Decreto Lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital. Esta lei deroga a Lei de Sociedades Anónimas, a Lei de Sociedades Limitadas, os artigos do Código de Comercio referidos ás sociedades comanditarias por accións e algúns artigos da Lei do Mercado de Valores.

Na práctica, a nova lei non supón demasiadas novidades, pero convén destacar as seguintes:

¿Cantos días ao ano traballas para o Estado?

En Dia del contribuyente podes calculalo.

Economía de España

Nesta entrada da Wikipedia tenes un interesante informe sobre a evolución da economía española.

Guerra de prezos nas tarifas de móbiles

Vodafone entra na guerra de prezos e lanza unha tarifa de seis céntimos en resposta a Yoigo, Movistar e Orange, que xa anunciaron con anterioridade ofertas similares.
Artigo publicado en ABC.es

O déficit corrente de España sobe un 29% en marzo, ata os 5.739 millóns

Noticia para comentar publicada en elEconomista.es

Economía para no economistas

Este libro de Economía para no economistas podedelo ler ou descargar.

Homenaxe a Steve Jobs

Discurso de Steve Jobs na Universidade de Stanford durante a apertura do curso de 2005.

domingo, 10 de abril de 2011

sábado, 9 de abril de 2011

Exemplo de publicidade enganosa

En novembro do 2010 Power Balance recibe unha multa de 15.000 euros.
Ler a noticia

As voltas coas Matemáticas

Despois de saber se es ou non un "pardillo" matemático, en netKeynes tedes unha serie de carteis sobre as matemáticas e o bacharelato de ciencias sociais.

jueves, 7 de abril de 2011

lunes, 4 de abril de 2011

Somos irracionais

Este vídeo ‘Somos irracionais‘ extraido do programa Redes, mostra como se fixan os prezos. Non é unicamente unha suma de custes + marxe.

domingo, 3 de abril de 2011

Sabes se es un "pardillo" en Matemáticas?

¿Entendes realmente as Matemáticas?
O primeiro para resolver un problema é recoñecer que se ten.
Moitos alumnos de Economía fracasan nos seus estudios universitarios ao ter problemas en Matemáticas, aínda que as aprobaran sempre.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Abandoar os estudos

O noso modelo produtivo creou perversos incentivos para que moitos mozos abandonasen os estudos.
Un esquema que se repetía era:
  1. Rapaz abandona prematuramente os estudios por un traballo de baixa cualificación.
  2. Endebédase para comprar coche e casa pois cree que as cousas non van cambiar.
  3. Perde o traballo, o coche e a casa.
  4. Agora máis de 25 anos e ante o panorama matricúlase nun ciclo medio.

Abandoar a formación tiña un custo de oportunidade era elevado, xa que había unha grande demanda de postos de traballo sen cualificar na construción e agora atópanse sen traballo, sen formación e nalgúns casos en listas de morosos.

martes, 22 de marzo de 2011

Lecturas de Economía

A crise da Economía Española  

A Bolsa máis grande do mundo

O 15 de febreiro Deutsche Börse chegou a un acordo para comprar o grupo NYSE Euronext co que será a maior empresa do mundo deste sector, cuns ingresos anuais de 5.400 millóns de USD e un valor de 25.500 millóns de USD.
A nova empresa está controlada por un 60% polos accionistas alemáns e nun 40% polos norteamericanos.