lunes, 7 de mayo de 2012

Algúns falsificadores

Estes son algúns dos maiores falsificadores da historia:

Anastasios Arnaouti: este Greco-Chipriota de Manchester foi o xefe dunha banda que se dedicou afalsificar y distribuir, entre os delincuentes británicos, centos de millóns de libras esterlinas falsas. Foi detenido en 2002 e sentenciado a oito anos de cárcere.
Edward Mueller: este norteamericano de orixe austríaca, foi o falsificador máis difícil de atrapar desde  1938 ao 1948. En 1937, con sesenta e seis anos e tras enviuvar, Mueller empezou a falsificar billetes dun dólar. A pesar de que tanto a grafía dos billetes como o papel empregado eran de mala calidade (a palabra Washington estaba mal escrita, líase Wahsington,os ollos de George Washington tamén estaban mal e o papel non era nin parecido, senón que era un normal que podía comprar en calquera papelaría), ninguén se fixaba en billetes de tan baixa contía. De modo que durante case dez anos, el e o seu can, viviron humildemente diso e o Servizo Secreto americano non tiña nin idea de como atopalo. Colléronlle por casualidade ao incendiarse o edificio no que vivía. Uns rapaces que xogaban cos restos deixados polos bombeiros e un atopou uns billetes que levou ás autoridades. A súa condena: un ano de cárcere unha multa dun dólar, pois nos dez anos só puxera en circulación uns 5.000 dólares. Da súa sentenza só cumpriu catro meses e despois mudouse á casa da súa filla. Aí dedicouse a contar como enganara o servizo secreto durante dez anos a todo aquel que o quixese escoitar.

En 1950 fíxose unha película contando a súa vida, Burt Lancaster foi o axente do Servizo Secreto e Edmund Gwen interpretouno a el, chegando a ser nomeado a un Oscar pola actuación. Foi invitado á estrea onde gozou como un neno. Ademais polos dereitos da película obtivo máis diñeiro que por toda a súa actividade de falsificador durante dez anos.


Mary Peck Butterworth: Mary era un ama de casa do Massachussets do século XVII. Un día, por accidente, deixou a prancha quente sobre un xornal e, ao volver, viu que parte da tinta se transferira a unha tea branca que tiña debaixo. Despois dunhas cantas probas, conseguiu facer o mesmo cun billete. Da noite á mañá, o seu marido e sete fillos pasaron da pobreza á opulencia. Collérona, pero ao non atopar os moldes, foi declarada inocente.

Frank Abagnale Jr.: foi o personaxe que interpretou Leonardo DiCaprio na película "Atrápame se podes". Frank fíxose famoso por falsificar cheques da Pan-Am, calcúlase que uns 2'5 millóns de dólares durante cinco anos. Despois de detelo en Francia, grazas aos carteis de Búscase, pasou un tempo en prisión. Hoxe por hoxe ten a súa propia empresa de consultoría sobre medios de pago e seguridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.