lunes, 7 de mayo de 2012

Nichos de mercado coas crenzas relixioxas

As empresas sacan novos produtos ou adaptan os existentes para satisfacer as necesidades cumprindo as directrices dunha ou outra relixión.
Algúns exemplos:
Mumtaz é un restaurante de comida pakistaní moi coñecido no Reino Unido sacou ao mercado uns potitos Halal para satisfacer as necesiades de comida infantil procesada segundo as directrices musulmás.



McDonald' ofrece comida halal nalgún dos seus restaurantes, que non é simplemente eliminar os produtos derivados do porco do menú.

Isto non é só para cumprir os preceptos de ningunha relixión, tamén existe a Mecca Cola, como alternativa ás bebidas americanas.


O Xudaísmo tamén ten os seus requisitos, hai algún tempo Zara tivo que se disculpar ante os clientes israelíes porque mesturara liño e algodón, algo prohibido.

McDonalds é un exemplo de adaptación: en Israel ofrecen comida Kosher  e na India ofrecen hamburguesas vexetarianas.

Outro exemplo de adaptación é o viño Kosher, cuxo proceso de elaboración é bastante chocante xa que debe ser realizado baixo unhas regras moi estritas. A española Bodega Capçanes (Denominación de Orixe Montsant) é coñecida polos hebreos en todo o mundo polo seu viño Kosher, chamado Flor de Primavera.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.