lunes, 7 de mayo de 2012

Terras raras: conflito na OMC

As terras raras son un grupo de minerais imprescindibles para as industrias tecnolóxica, electrónica e automovilística. Interveñen e moi pequena cantidade na produión de móbiles, chips, baterías, etc.

Esta denominación de raros non se debe a súa escaseza, se non a dificultade para atopalos en concentracións suficientes para que sexa rendible a súa comercialización. A extracción e separación das terras raras ten efectos importantes no medio ambiente, incluíndo a contaminación radiactiva.
China produce 97% destes metais, e no 2010 anunciou a limitación da súa exportación, para 2011 e 2012 en 30,000 toneladas, aínda que o ano pasado non alcanzou nin a metade desa cifra.

Estados Unidos, Xapón, México e a Unión Europea presentaron unha denuncia conxunta na OMC contra China por limitar a exportación de terras raras, unha serie de 17 metais fundamentais para a produción de teléfonos, mísiles, turbinas eólicas, baterías para autos ou compoñentes de última xeración.

China defendeu a súa postura con argumentos ecoloxistas e aduce que aínda que é o primeiro produtor, apenas ten unha terceira parte das reservas mundiais destes materiais. Estados Unidos era o primeiro produtor pero foron pechando moitas explotacións ao non poder competir.

A OMC desestimou o argumento de China e instou o xigante asiático -membro do organismo dende 2001- a derrogar as restricións nun prazo inferior a 15 meses.

Segundo Estados Unidos, México e a UE, o obxectivo real das restricións era mellorar a competitividade das fábricas chinesas para obter maior cota de mercado mundial, e reducir a subministración de materias para forzar un aumento dos prezos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.