lunes, 7 de mayo de 2012

A cláusula Van Halen

O grupo Van Halen tiña fama por unha especial cláusula nos seus contratos: que nos camerinos tiña que haber un bol cheo de M&M pero sen ningún M&Ms de cor marrón. Se non se cumpría esa cláusula do contrato, podían cancelar a actuación e aínda así cobrar. Tamén había rumores de que, se esta cláusula non se cumpría, farían estragos coa súa ira.

¿Capricho ou cláusula intelixente?


Van Halen era o primeiro grupo que facía grandes producións. Cando estaban en tour levaban nove camións de dezaoito rodas ata arriba de material. O contrato que facían era moi técnico, cun montón de especificacións, así que decidiron introducir esta cláusula como modo de comprobar que todo estivese ben, número de enchufes, potencia de estes, peso que podía aguantar o escenario...

Así que nada máis chegar o único que había que facer era mirar se había M&M marróns no escenario. Se os había é que as demais condicións técnicas non se leran con detalle e era seguro que habería problemas.

Van Halen - Jump

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.